Cargando Eventos

« Todos os Eventos

  • Este evento xa pasou.

XIX Conferencia Española e VIII Encontro Iberoamericano de Biometría (CEB-EIB 2023)

27/06/2023 de 20:00 a 21:00

Entre os días 27 e 30 de xuño de 2023 terá lugar en Vigo a XIX Conferencia Española de Biometría (CEB). Nesta ocasión, a conferencia celebrarase conxuntamente co VIII Encontro Iberoamericano de Biometría (EIB) e contará coa participación das rexións Arxentina, Brasileira, Centroamericana e Caribeña, Chilena e Ecuatoriana da International Biometric Society (IBC).

A conferencia está organizada polo Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo e o grupo de investigación SiDOR (Statistical Inference, Decision and Operations Research), respondendo á petición da Sociedad Española de Bioestadística (SEB). Contan tamén coa inestimable axuda das compañeiras e compañeiros das rexións Arxentina, Brasileira, Centroamericana e Caribeña, Chilena e Ecuatoriana.

O obxectivo xeral da CEB-EIB 2023 é a difusión dos resultados obtidos no desenvolvemento e aplicación de métodos estatísticos e matemáticos en Bioloxía, Medicina, Psicoloxía, Farmacoloxía, Agricultura e outras ciencias afíns.

O Coro de Cámara Rías Baixas terá o pracer de abrir este congreso coa música das Sete Cantigas de Amigo de Martín Códax, arranxadas polo seu director, Brais González.

Acto privado

Departamento de Estatística e Investigación Operativa da Universidade de Vigo

Visitar a web do Organizador

Pazo Quiñones de León

Parque de Castrelos s/n – 36213
Vigo, Spain
+ Google Map
986295070
Visitar a web Local