O venres 8 de abril ás 20:30h, O Coro de Cámara Rías Baixas interpretará no Concerto de Música Sacra, o Requiem en Re menor de Gabriel Fauré na Igrexa dos Pais Capuchinos (Vigo).
Este ciclo de concertos está organizado por ACOPOVI xunto co patrocinio do Concello de Vigo, que terán lugar en diferentes igraxas da cidade.
Esta misa é considerada unha das obras maestras de Fauré e un dos máis fermosos requiems do século XIX. A obra, cunha escritura moi personal, contén varias pezas que están catalogadas entre as máis conmovedoras e belas da música coral occidental.
Estarán acompañados polo pianista e compositor vigués Brais González, e os solistas serán membros do propio coro. A soprano, Pilar Baamonde e o barítono, Lucas López. Baixo a dirección de Bruno Díaz.