Aínda que un chisco tarde, a revista británica Opera, fíxose eco do pasado Outono lírico organizado pola Asociación de Amigos de la Ópera de Vigo, no que tivemos a honra de participar. En xeral, parécelles de destacar o orixinal enfoque da montaxe, centrada na figura de Rosina como víctima do machismo opresor por parte de Don Bartolo, – cuxo ollo todo o ve (ou pretende ver), coma un Gran Irmán atemporal, ainda que finalmente consegue liberarse das súas ligaduras convertindo os esforzos do vello doutor nunha “inútil precauzione”, concepto que se convirte na moral da obra.
É de subliñar tamén a calificación que fai do maestro Diego García Rodríguez do que ven a dicir que a súa mistura de vitalidade e solemnidade inspirou tanto á Orquestra Sinfónica Vigo 430 coma o Coro Rías Baixas e ó “ben elexido” elenco, ó cal deixa nun moi bó papel. Cabe destacar a mención a Marina Penas da que din que “é o tempo, coa súa ben cortada voz de diamante, de facerse cargo dun rol importante”.