Quen somos?

Texto en Arial O Coro de Cámara Rías Baixas é unha formación non profesional que busca a excelencia musical. Dende a súa presentación no 2014 realizou máis dun centenar de concertos, interpretando obras fundamentais do repertorio coral en colaboración con orquestras destacadas como a Orquestra Vigo 430 e a Real Filharmonía de Galicia. Organiza regularmente concertos de produción propia para difundir obras de compositores galegos e promover novos solistas, colabora con Amigos da Ópera de Vigo así como con Caspervek Ensemble e leva a cabo interpretacións a capela nos concertos organizados por ACOPOVI. Actualmente o director artístico é Brais González e conta con 20 cantores, reforzándose ás veces con ata 50 coralistas para proxectos específicos. Participa en destacados festivais musicais e está comprometido en facer chegar a música coral ao público en diferentes escenarios.

Dilatada experiencia musical

Numerosas actuacións entre concertos e eventos con programas diferentes incluíndo obras de Mozart, Purcell, Haendel, Rossini, Verdi...

Con voz propia

O Cómo de Cámara Rías Baixas presenta un abano diverso de repertorios musicais, cunha coidadosa selección de pezas que abranguen diversas épocas e estilos.

Contacto

Interésache o mundo coral?
Contacta connosco!

Con voz propia

Os nosos proxectos músicais
Qui Cantat Bis Orat

Qui Cantat Bis Orat

proxecto 1

O noso programa de música sacra abrangue dende o século XVI ata a actualidade. Este programa ofrece unha exploración musical a través de diferentes épocas, dende as composicións renacentistas ata as contemporáneas. Un percorrido musical no que a música sacra se converte nunha ponte entre o pasado e o presente, conectando coas emocións e a espiritualidade a través da interpretación coral.

Música en feminino

Música en feminino

proxecto 2

Exploramos repertorio coral do século XVI ao XX, destacando compositoras historicamente relegadas. As mulleres na música foron ás veces esquecidas, coas súas obras atribuídas erroneamente como "anónimas". Procuramos corrixir esta inxustiza, homenaxeando compositoras cuxas melodías resistiron adversidades. Este programa rende tributo á súa riqueza e diversidade musical ao longo dos séculos, conectando o pasado co presente a través da interpretación coral.

Pergamiños perdidos

Pergamiños perdidos

Proxecto 3

En 1914, Pedro Vindel atopou un pergamino con sete cantigas de amigo de Martín Códax, a primeira canción profana galaico-portuguesa coa notación similar ás Cantigas de Santa María de Alfonso X O Sabio. O pergamino chegou á Biblioteca Morgan de Nova York. Décadas despois, Harvey Leo Sharrer atopou outro pergamino con sete cantigas de amor de Don Dinís en Lisboa no verán de 1990. Adaptadas e harmonizadas por Brais González en variados estilos corais.

Últimas novas

Contáctanos

Onde atoparnos

Asociación Veciñal Rosalía de Castro,
Barrio do Lourido s/n,
A Salgueira, Vigo

Emails :

Rubén Troitiño
comunicacion@cororiasbaixas.com

Noelia Ratel
xerencia@cororiasbaixas.com

Brais González
direccion@cororiasbaixas.com

Enche o formulario